Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de xullo de 1995 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao.

Por Orde do 24 de xaneiro de 1995 (DOG do 20 de marzo) convocáronse bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación do 5 de xuño de 1995 (DOG do 22 de xuño), e de conformidade coa base sexta 4, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. No apartado segundo da devandita resolución fixábase un prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, estudiadas as reclamacións presentadas pola comisión de selección das bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao, esta consellería de acordo coa proposta de resolución elaborada pola dita comisión,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase concederlles unha bolsa de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao ás persoas que a continuación

se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordenados por orden decrecente segundo a puntuación acadada:

ApelidosNomeDNIPuntos

Rodríguez LópezMª Rosario32.448.249-X7,67
Alonso FariñaMª Belén76.861.718-L6,73
Freire VázquezJavier32.654.072-Y6,64
Mosquera SanmartínPaula76.864.277-W6,56
Serantes GrandeMª Isabel35.462.622-A6,53
Ozón CoresAna María44.081.135-W6,38
García RozasJaime Enrique32.648.229-M6,25
Mouzo CasalMª Remedios32.785.619-Q6,22

Artigo 2º.-Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de non facelo perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacantes cos suplentes nomeados pola comisión de selección.

Artigo 3º.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 24 de xaneiro de 1995 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º.- A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 104 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1995

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

4095