Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 29 de xuño de 1995 pola que se exclúen do catálogo de montes de utilidade pública varios predios do monte Corda nº 32-B do concello de Curtis (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e en virtude do disposto no xuízo de cognición nº 252/1992, promovido por Dolores María Remedios Seoane Paredes, María Dolores Seoane Paredes, Ramona Seoane Paredes e Juan Francisco Seoane Paredes, en acatamento da sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, do 23 de abril de 1993,

esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública, por ter quedado firme a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela do 23 de abril de 1993, os predios que se relacionan a seguir que formaban parte do monte Corda nº 32-B do C.U.P. do concello de Curtis (A Coruña).

Predio nº 1.-Pertencente a Dolores María Remedios Seoane Paredes, dunha extensión de 4 áreas e 70 centiáreas, limitado polos piquetes 1-1, 1-2, 1-3 e 1-4 cos seguintes límites:

-Do piquete 1-1 ó 1-2 limita coa estrada de Teixeiro a Sobrado dos Monxes.

-Do piquete 1-2 ó 1-3 limita co predio seguinte, o nº 2.

-Do piquete 1-3 ó 1-4 limita co predio nº 4.

-Do piquete 1-4 ó 1-1 limita co camiño público a Recareu.

Predio nº 2.-Pertencente a María Dolores Seoane Paredes, dunha extensión de 4 áreas e 70 centiáreas, limitado polos piquetes 2-1, 2-2, 2-3 e 2-4 cos seguintes límites.

-Do piquete 2-1 ó 2-2 limita co predio nº 3.

-Do piquete 2-2 ó 2-3 limita co predio nº 4.

-Do piquete 2-3 ó 2-4 limita co predio nº 1.

-Do piquete 2-4 ó 2-1 limita coa estrada de Teixeiro a Sobrado dos Monxes.

Predio nº 3.-Pertencente a Juan Francisco Seoane Paredes, dunha extensión de 8 áreas e 60 centiáreas, limitado polos piquetes 3-1, 3-2, 3-3, 3-4, 3-5 e 3-6 cos seguintes límites:

-Do piquete 3-1 ó 3-4 limita co monte Corda.

-Do piquete 3-4 ó 3-5 limita co predio nº 4.

-Do piquete 3-5 ó 3-6 limita co predio nº 2.

-Do piquete 3-6 ó 3-1 limita coa estrada de Teixeiro a Sobrado dos Monxes.

Predio nº 4.-Pertencente a Ramona Seoane Paredes, dunha extensión de 7 áreas a 93 centiáreas, limitada polos piquetes 4-1, 4-2, 4-3, 4-4 e 4-5 cos seguintes límites:

-Do piquete 4-1 ó 4-5 limitado co monte Corda.

-Do piquete 4-5 ó 4-1 limita cos predios números 1, 2 e 3.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-5129