Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 28 do PXOU.

O Pleno da Corporación, en sesión do día trinta de marzo de mil novecentos noventa e cinco, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 28 do PXOU (rúa Salvador Moreno nº 51), promovido mediante iniciativa particular por Dacoi, S.L., e redactado pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguéns, visado pola Delegación de Pontevedra do COAG en data 13-10-1994.

Segundo.-Comunicarlle á Comisión Provincial de Urbanismo, no prazo de seis días contados a partir da súa adopción, o presente acto administrativo e dispoñe-la publicación do anuncio no BOP para efectos da súa executividade.

Terceiro.-Dispoñer que a Oficina Municipal de Xestión Urbanística vixie a execución das obras, instalacións e urbanización en xeral, de conformidade co proxecto aprobado. Así mesmo, unha vez executadas as obras e presentando o correspondente oficio de finalización de obra subscrito polos directores da mesma, entregarase polo promotor a urbanización de cesión obrigatoria a este concello, completamente executada de acordo coa determinación do proxecto aprobado. En garantía da execución da urbanización terá que constituírse por Dacoi, S.L. con carácter previo ó inicio de tales obras, unha fianza polo importe do seis por cento do orzamento de execución material da urbanización.

Recursos procedentes:

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 26 de abril de 1995.

Francisco Javier Cobián Salgado

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

95-04794