Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día oito de xuño de mil novecentos noventa e cinco, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura no camiño de San Brais, transversal á Avda. de Vigo, promovido mediante inciativa particular por Inmobiliaria G.A., S.L. e redactado polo arquitecto Rafael Fontoira Surís, con visado colexial do 31-5-1995.

Segundo.-Somete a información pública o proxecto aprobado e o expediente tramitado, por un prazo de quince días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, un dos periódicos de maior circulación dela e taboleiro de anuncios da Casa do Concello; tal período contarase desde a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e notificaráselles individualmente ós propietarios afectados.

Terceiro.-Facer constar que a aprobación definitiva do proxecto queda condicionada á previa resolución do expediente que deberá tramitarse para a permuta ou, se é o caso, alleamento da parcela municipal

sobrante da vía pública lindante coa de propiedade particular, que pasará a formar parte do futuro vial.

Cuarto.-O promotor constituirá en arcas municipais, en calquera das formas admitidas pola lexislación de réxime local, unha fianza en contía de 746.448 ptas. en garantía da adecuada execución da urbanización, debéndose proceder á correspondente liquidación do proxecto, de acordo coas vixentes ordenanzas fiscais.

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na unidade de fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 21 de xuño de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

O alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

95-5132