O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 26 de maio de 1995, acordou aprobar incialmente o estudio de detalle na Avda. das Américas que engloba a denominada U.E. nº 31 na revisión do plan xeral aprobada provisionalmente, en Perillo (Oleiros).
Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, contado desde a derradeira publicada (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.
Oleiros, 8 de xuño de 1995.
Ángel García Seoane
Alcalde en funcións
3984