Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG número 238)

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 26 de maio de 1995, acordou aprobar incialmente o estudio de detalle redactado para a fixación de aliñacións, rasantes e volumes sobre as parcelas números 16, 17, 18, 19, 20 e 21 do plan parcial relativo ó S.U.N.P. A-28 O Vieiro, no Seixal-NOS (Oleiros).

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, contado desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 8 de xuño de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde en funcións

95-04758