Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na súa sesión do 26 de maio de 1995, acordou aprobar incialmente o proxecto de urbanización das rúas 1, 2 e 6, Costa da Tapia-O Temple, que redactou o arquitécto Francisco Javier Corredoira Isasi.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo de quince días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 20 de xuño de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-04757