Este rectorado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia para a adxudicación do traballo que a continuación se indica:
Obxecto: acondicionamento e instalacións dun autoservicio-comedor na Facultade de Humanidades.
Orzamento de licitación: 36.492.978 ptas., IVE incluído.
Garantía: definitiva, 4% do importe de licitación.
Prazo de execución: como máximo dous meses de acordo coas condicións indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.
Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 4, categoría d.
Prego de condicións: tódolos interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo, ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra). O envío será gratuíto.
Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a venres e das 9 ás 13 horas os sábados. Tamén se poderán presentar por correo cumprindo cos requisitos do Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.
Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.
Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto, nº 1-1ª planta, Vigo (Pontevedra), ás once horas do segundo día hábil seguinte á data límite de presentación de propostas (en caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte.
Información adicional: non se admitirán variantes ou alternativas.
O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario.
Vigo, 13 de xullo de 1995.
(Resolución 13-3-1995)
José Pose Blanco
Vicerrector de Economía
95-04765