Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Técnicos de Recaudación de la Agencia Tributaria (ATRAT).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Técnicos de Recaudación de la Agencia Tributaria (ATRAT) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos funcionarios de carreira da axencia tributaria, do grupo B, área de recadación, do ámbito da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, calquera que sexa a súa situación administrativa.

Asinan a acta constitución: Gonzalo Tazo Arenillas e nove persoas máis.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5103