Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 4 e 13 dos estatutos da Federación Gallega de Servicios de Transporte en Autobus (Fegabus).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 16 de xuño de 1995, acta de reunión extraordinaria da Xunta Xeneral da Federación celebrada o 18 de maio de 1995, pola que se acorda por unanimidade a modificación do artigo 4 dos estatutos, referente ó traslado do domicilio da mencionada federación e na modificación do artigo 13 referente á constitución da Xunta Xeral da Federación.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-04838