Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 5 de xuño de 1995, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de San Cristovo de Xavestre (Trazo-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Xavestre (Trazo-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto nº 2283/1968, do 16 de agosto (BOE nº 231, do 25 de setembro), que a xunta local

da zona, na súa reunión do 2 de xuño de 1995, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Trazo e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal de maior circulación dela, de conformidade co establecido no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

O expediente que se poderá examinar no local do concello contén á determinación do perímetro; clasificación de terras; fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións necesarias; determinación de propietarios, titualres de gravames e outras situacións xurídicas.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de trinta días contados na maneira que determina o artigo 36 antes citado. Os recursos poderán presentarse no rexistro xeral da consellería (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), no rexistro da Delegación Provincial da consellería na Coruña (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, A Coruña) ou por calquera das canles que se establecen no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementro administrativo común expresando un domicilio para efectos de notificacións.

A Coruña, 5 de xuño de 1995.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

95-04713