De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.
En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:
Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.
ANEXO
Expediente: LU-181/1994.
Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.
DNI nº: 34.982.163.
Último enderezo coñecido: rúa Progreso, 201-1º, A Rúa-Ourense.
Feitos imputados: transportar cincuenta polos e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria, do documento de desinfección do vehículo e do documento de inscrición do vehículo para transporte de animais vivos.
Tipificación infracción: Regulamento de epizootias:
-Precepto infrinxido: artigos 32 e 52.
-Precepto sancionador: artigos 217.3º e 215.
-Sanción imposta: 10.000 ptas.
Lugo, 30 de maio de 1995.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado Provincial de Lugo
4715