Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a adxudicación da poxa de obras con admisión previa (licitación nº 2/1995).

Por Resolución do 21 de abril de 1995, a Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña, anunciou a citada poxa con admisión previa (DOG nº 82, do 28-4-1995).

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, esta delegación provincial resolveu adxudicarlle-las obras ás seguintes empresas:

1. Rede de camiños de concentración parcelaria de Cerceda-Cebreiro. O Pino-A Coruña. C-95072 X-3401.

Adxudicatario: Francisco Gómez y Cía, S.L.

2. Rede de camiños de concentración parcelaria na zona de Beigondo. Santiso-A Coruña. C-95073 X-3180.

Adxudicatario: Cuíña, S.A.

3. Rede de camiños de concentración parcelaria da zona de San Vicente de Ribadulla. Santiso-A Coruña. C-95078 X-2818.

Adxudicatario: Construcciones Chofricas, S.L.

4. Camiños da zona de Lourido-Sequeiro. Valdoviño-A Coruña. C-95079 X-3145.

Adxudicatario: Construcciones G. San Martín

5. Rede de camiños de concentración parcelaria de Papucín. Frades-A Coruña. C-95080 X-3213.

Adxudicatario: Cuíña, S.A.

A Coruña, 14 de xuño de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

95-4354