De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de
Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
A Coruña, 9 de xuño de 1995.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente sancionador número: EN 0034/1994.
Denunciado: Rivas Lorenzo, Juan Manuel.
DNI: 32.813.738.
Último enderezo coñecido: Pol. Elviña, b16-portal 3C, 15008 A Coruña.
Feitos imputados: acampar nas inmediacións do Eume.
Tipificación da infracción: Lei 4/1989 de CEN.
-Artigo infrinxido: 38.3º.
-Cualificación da infracción: leve.
-Sanción imposta: 25.000 ptas.
4672