Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4315 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Situación: reelectrificación de Outeiro-Igrexa (Viveiro).

Finalidade: mellora da subministración eléctrica na zona.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 sobre torres metálicas, segundo RU6704A e postes de formigón, cunha lonxitude de 428 metros. Centro de transformación de 100 kVA, instalado sobre torre metálica ó remate da L.M.T., coa relación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, tensado sobre postes de formigón ou gramado sobre fachadas, que alimentará os lugares de Outeiro e Igrexa, no concello de Viveiro.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 10.827.689 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 16 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4653