Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4300 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BESGASA), r/Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Situación: reelectrificación de Camoira, A Barreira e Maira, no concello de Lugo.

Finalidade: mellora da subministración eléctrica na zona.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV, de 284 metros de lonxitude, con conductor LA-30 de 31,1 mm de sección sobre apoios de formigón vibrado e torres metálicas tipo C segundo RU-6704A. Centro de transformación de 50 kVA, 20.000/380-220 V, instalado sobre metálica o remate da liña de media tensión no lugar de Camoira. Liñas

de baixa tensión en conductores R.Z.-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou gramados sobre fachadas, que alimentarán os lugares de Camoira, A Barreira e Maira, no concello de Lugo.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 5.460.823 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 18 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-04676