Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0402; XG-021, entre O Carballiño e Corna, con anexo e prolongación, (provincia de Ourense).

Rivera Bus, S.L., titular da concesión de servicio público regular permanente e de uso xeral de trans

porte de viaxeiros por estrada: V-0402; XG-021, entre O Carballiño e Coma, con anexo e prolongación e Empresa Montañesa, S.L., solicitaron o cambio de titularidade da citada concesión a favor desta última.

Con data do 21 de decembro de 1993, a Dirección Xeral de Transportes autorizou o cambio de titularidade condicionado á formalización da cesión en escritura pública.

Unha vez cumprido o requisito esixido, esta dirección xeral resolve autoriza-lo cambio de titularidade, quedando subrogada Empresa Montañesa, S.L. nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

95-3127