Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito en valores 205/1988.

Extraviado o resgardo do depósito en aval bancario número 205/1988 constituído na Caixa de Depósitos da Delegación Territorial de Economía e Facenda de Pontevedra coa data do 31 de maio de 1988, por importe de 1.161.221 ptas., sendo o propietario o Banco de Bilbao, S.A. e o garantido José Luis Torre Calvo, a disposición da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para responder da execución da obra de dragado do porto do Grove.

Faise público para que no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, poida alegarse por terceiro o que coide oportuno, advertíndose que transcorrido o referido prazo se expedirá un novo resgardo, que anulará o primeiro.

Pontevedra, 26 de maio de 1995.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

3974