Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.856

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995 pola que se nomea a comisión que xulgará o concurso de méritos para a provisión dunha praza de catedrático de universidade convocada por Resolución do 2 de marzo de 1995.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei parcialmente orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, sobre o procedemento para a designación dos membros que compoñen as comisións que han xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolveu, logo do informe da Xunta de Goberno da universidade, na súa sesión do día 21 de febreiro de 1995, nomea-la comisión titular e suplente que ha xulga-lo concurso de méritos convocado mediante resolución do 2 de marzo de 1995 (BOE do 24 de marzo) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, a contar desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade de Vigo, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Vigo, 12 de xuño de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: periodismo.

Praza número: 11/1995

Comisión titular:

Presidente: José Luis Martínez Albertos, catedrático de Universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretaria: Mª del Mar Fontcuberta Balaguer, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocais:

José Mª Casasus Guri, catedrático de universidade. Universidade de Pompeu Fabra.

Pedro Orive Riva, catedrático de universidade. Universidade complutense de Madrid.

José Tallon García, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Alfonso Javier Fernández del Moral, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretaria: Luisa Santamaría Suárez, catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Luis Buceta Facorro, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Carlos Manuel Pérez Reyes, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid

Pedro José O. Costa Badia, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

4016