Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de abril de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (número PO-02991-O-94 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícase ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictadas pola xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren alegacións, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes contado desde o día seguinte a publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas notificacións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e sirva de notificación, ós/ás denunciados/as de descoñecidos domicilios, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 4 de abril de 1995.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-02991-O-94

PO-7634-AV

G.C. Tráfico

Vázquez Hernández, Efrén

B la Iglesia Ramallosa, 12

Nigrán

36370 Pontevedra

Circular cun camión transportando 1000 kG de despoxos de matadoiro, carecendo de tódolos distintivos da tarxeta de transportes. Presenta tarxeta de ámbito nacional. Servicio privado, vehículo lixeiro.

17-11-1994; 11.30; C-550; 125

Art. 142 C

LOTT

Art. 199 C ROTT

O.M- 25-10-1990

143 LOTT

201 ROTT

15.000

PO-03092-O-94

PO-2878-K

G.C. Tráfico

Disoyblan, S.L.

Crta. del Rebullón, Mos

36415 Pontevedra

Circular transportando mercancías de alimentación desde Mos a Tomiño. Realizando un servicio complementario dunha industria, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

25-11-1994; 16.55; C-550; 200

Art. 141 B en Relac.

142 M LOTT

Art. 198 B ROTT

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-3277-O-94

GI-6284-X

G.C. Tráfico

Maquieira Iglesias, José Antonio

Avda. de Balaídos, 13-2

Vigo 36210 Pontevedra

Circular cun camión frigorífico transportando embutidos desde Vigo ata Vilagarcía de Arousa e arredores, sen levar ou ter tarxeta de transporte. Servicio privado lixeiro.

15-12-1994; 18.00; C-531; 13

Art. 141 B

en Relac. 142 M

LOTT

Art. 198 B ROTT

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

95-3124