Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de xuño de 1995 pola que se autoriza o cambio de titularidade e denominación do centro privado de perruquería Astarté Unisex da Coruña.

Examinado o expediente por instancia de Consuelo Vigo Botana, en solicitude de cambio de titularidade e denominación do centro privado que imparte ensinanzas da área tecnolóxico-práctica de perruquería denominado Astarté Unisex, con domicilio na r/ Andrés Gaos, 34 baixo, da Coruña.

Resultando que a Inspección Educativa informou favorablemente o cambio solicitado, sendo tamén favorable a proposta da delegación provincial.

Vistos o Real decreto 401/1979, do 13 de febreiro e o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), e demais disposicións complementarias.

Considerando que concorren no expediente tódolos requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado de perruquería Astarté Unisex da Coruña, que no sucesivo, será ostentado por Consuelo Vigo Botana, quedando subrogada como cesionaria na totalidade das obrigas e cargas que afecten ó centro, así como naquelas que lle correspondan na orde docente e as que se deriven da vixente lexislación laboral.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro Astarté Unisex, pola de Astarté Nuevo Estilo Chelo Vigo, que ostentará no sucesivo.

Terceiro.-O camnbio de titularidade e denominación non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4921