Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xullo de 1995 pola que se nomean os membros do xurado dos premios de investigación Xunta de Galicia 1994.

A orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 3 de abril de 1995 (DOG do 20), convocou os premios de investigación Xunta de Galicia 1994 (anexos I, II e III da citada orde).

O artigo 3 da devandita orde establece a composición do xurado. Na súa virtude, unha vez recibidas as propostas correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros do xurado dos premios de investigación Xunta de Galicia 1994 (anexos I, II e III á Orde do 3 de abril de 1995, DOG do 20), as seguintes persoas en representación das institucións que se citan:

-Presidente: Miguel A. Ríos Fernández, por delegación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-Vocais:

José Sergio Casas Fernández, en representación da Universidade de Santiago de Compostela, por proposta da propia universidade.

Dolores Esther Fernández Fernández, en representación da Universidade da Coruña, por proposta da propia universidade.

José Tojo Suárez, en representación da Universidade de Vigo, por proposta da propia universidade.

Manuel Pereiro Miguéns, último galardoado co premio Xunta de Galicia de investigación a unha traxectoria investigadora.

Franco Fernández González, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Enrique Moldes Teo, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Guillermo Rojo Sánchez, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, xefe do Servicio de Promoción da Investigación Universitaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará con voz e sen voto.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria

Sr. Director xeral de Universidades e Investigación

95-04285