Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.849

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de xullo de 1995 sobre autorización de apertura dunha sucursal da axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., sita na r/ García Barbón, 37 de Vigo.

Visto o expediente instruído por instancia de José Miguel Goiri Llano, na súa calidade de representante legal de Viajes Marsáns, S.A., C.I.C. MA nº 18, con casa central na r/ Arlabán nº 1 de Madrid, pertencente ó grupo maiorista-minorista, en solicitude de apertura dunha sucursal da devandita axencia na r/ García Barbón, 37 de Vigo.

Resultando que entre a documentación achegada coa referida solicitude existe unha copia da documentación acreditativa da dispoñibilidade do local e unha copia do contrato de prestación de servicios entre a axencia e a persoa que exercerá o cargo de director.

Resultando que a directora está legalmente capacitada para desempeña-lo dito cargo.

Resultando que da análise do expediente se conclúe que Viajes Marsáns, S.A. dispón dunha fianza suficiente segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Considerando que, o Servicio de Inspección emitiu informe sobre o estado e equipamento do local, acreditando que reúne as condicións suficientes para poder exerce-la actividade de sucursal de axencia de viaxes.

Considerando que no trámite do expediente se cumpríron as formalidades de rigor e se xustificaron tódolos extremos que fixan o artigo 5, apartados b, c, d; e os artigos 10 e 15 do citado decreto.

Considerando os antecedentes expostos, disposicións legais invocadas e demáis normas de aplicación.

Esta consellería resolve autorizar á axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., con sede central en Madrid, na r/ Arlabán nº 1 o establecemento dunha sucursal en Vigo, na r/ García Barbón, 37. Quedando inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4324