Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1995 pola que se anuncia concurso público para contrata-la subministración de diverso material (oficina, informático, de laboratorios, etc.) para equipamento docente de laboratorios (expediente número 020/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: diverso material (oficina, informático, de laboratorios, etc.) para equipamento docente de laboratorios (expediente nº 020/1995).

Orzamento de licitación: 122.061.499 ptas., IVE incluído.

Garantía: provisional, 2% do importe de licitación correspondente ó lote ou lotes a que se concorra; definitiva, 4% do importe de licitación correspondente ó lote ou lotes dos que resulte adxudicatario.

Prazo de entrega: un mes segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envio por correo, ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª planta, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 ás 14 horas de luns a venres e de 9 ás 13 horas os sábados.

Data de envío o DOCE: 7 de xullo de 1995.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción das ofertas rematará o día 28 de agosto de 1995 ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto, nº 1-1º planta, Vigo (Pontevedra), ás 11 horas do día 30 de agosto de 1995.

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades presentación de balances ou estractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos a subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os correspondentes certificados delas.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens a subministrar fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Vigo, 7 de xullo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

3870