Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público aberto para a subministración de aparellos de ecografía e cardiotocografía para diversos centros de saúde dependentes dela (C.P. 2/1995).

A Xerencia de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde en Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde

da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto para a subministración de catro ecógrafos e dous cardiotocógrafos.

Orzamento: 19.200.000 ptas. (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público aberto.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse no prazo de un mes contado a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, estará de manifesto e á disposición dos interesados na sede da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na rúa Avda. de Zamora, 13-3ª planta, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

Fianza provisional: os concursantes deberán acreditar na forma que establece no prego de cláusulas unha fianza provisional por importe de 384.000 ptas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do vixésimo séptimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando ás proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 64 51, (988) 38 64 50, ou telegrama no mesmo día; de recibirse a oferta pasados 10 días da data de finalización do prazo de presentación, esta non será aceptada.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria (Avda. Zamora, 13-3ª planta de Ourense), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que cómpre achegar: serán os documentos que figuran na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anucnios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 20 de xuño de 1995.

Rosendo L. Fernández Fernández

Director xerente de Atención Primaria de Ourense

5104