Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1995 pola que se anuncia concurso, polo procedemento restrinxido, para a contratación da asistencia técnica para supervisión de proxectos (nº 6), Sergas, Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto: asistencia técnica para supervisión de proxectos (nº 6), Sergas, Santiago de Compostela (A Coruña).

Orzamento de honorarios: 16.680.081.

Prazo de execución: 42 meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza definitiva: non se esixe.

Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos), edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de solicitudes: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo cuarto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Selección de candidatos: entre as solicitudes presentadas, o órgano de contratación, seleccionará un mínimo de tres técnicos, ós que invitará a presenta-la súa oferta, de acordo coa cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do trixésimo día natural a partir da invitación a participar no concurso.

Apertura de proposicións: realizaraa a Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

4947