Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución, modificación, a recuperación da baixa provisional e cancelación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da Sociedade agraria de transformación, constituída conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988 inscrita no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, a recuperación da baixa provisional e a cancelación que se citan, a constitución da:

A sociedade agraria de transformación Gandeiría-Ventura S.A.T. nº 907 XUGA de responsabilidade

limitada, domiciliada en Forcadas -Villacaíz- O Saviñao (Lugo); obxecto social: explotación de gando vacún de leite e carne; capital social: 17.010.000 pesetas; nº de socios: 3.

As modificacións de:

A sociedade agraria de transformación Trapa e Orrea nº 848 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 19 de marzo de 1995, acordaron dar de baixa a 17 socios e de alta a 21 socios, producíndose un aumento do capital social, definitivamente fixado en 64.000 ptas.

A sociedade agraria de transformación Teixido e Roxal nº 849 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 19 de marzo de 1995, acordaron dar de baixa a 25 socios e de alta a 31 socios, producindo un aumento do capital social, definitivamente fixado en 66.000 ptas.

A recuperación da baixa provisional ó índice de entidades de:

A sociedade agraria de transformación Céltigos nº 4.096 Céltigos -Frades (A Coruña), por acordo do 17-4-1995 da Axencia Estatal de Administración Tributaria, cancelase a inscrición de baixa provisional no índice de entidades, recuperando a alta no mesmo índice deste rexistro de sociedades agrarias de transformación de Galicia.

A cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Agro de Mariz nº 756 XUGA, cancélase polo transcurso de máis dun ano da súa disolución.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería

de Agricultura, Gandería e Montes

95-5116