Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 6 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, sobre urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola explotación da concesión de lousa, da sección C, Rozadais nº 4271, situada no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense.

Polo Decreto 183/1995, do 16 de xuño, da Xunta de Galicia, declarouse a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a continuación da explotación indicada, para efectos de expropiación forzosa. Consecuentemente faise saber que, segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, unha vez transcorridos oito días desde a notificación a que se refire a devandita norma legal, procederase polo representante da Administración a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación.

A relación concreta e individualizada dos bens expostos no taboleiro do concello correspondente, e que xa foi publicado no BOE nº 82, do día 6 de abril de 1994.

Ós interesados notificaráselles mediante cédula que o día 31 de xullo, levantarase acta previa a ocupación dos bens, coa mención dos outros apercibimentos legais que procedan.

Ourense, 6 de xullo de 1995.

Juan Manuel García García

Xefe de Servicio de Industria

4435