Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 534/1995).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil ASTANO, S.A, co enderezo en Perlío-Fene (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Sistema de coxeración composto de dous grupos motor-xerador de 4.750 kVA c/u, utilizándose como combustible fuel oil número 1 e tendo como obxectivo a producción e o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade. Un centro de transformación de 10 M.V.A. e relación de transformación de 6/15 kV, e un centro de transformación de 400 kVA e relación de transformación 15/0,38 kV para os servicios auxiliares da planta.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa no lugar de Perlío (Fene).

Orzamento: 789.040.909 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 23 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5092