Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1995 polo que se anuncia a contratación do proxecto de reforma e equipamento da área de rexistro do Parlamento de Galicia.

En execución do acordo adoptado pola Mesa do Parlamento de Galicia o día 11 de xullo de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta presidencia presta a súa aprobación ó seguinte anuncio:

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a execución do proxecto de reforma e equipamento da área de rexistro xeral do Parlamento de Galicia, coas especificacións técnicas que forman parte do expediente de contratación.

O órgano contratante: o contrato adxudicarase pola Mesa do Parlamento de Galicia con sede no Parlamento de Galicia na cidade de Santiago de Compostela.

Procedemento: o contrato adxudicarase polo procedemento negociado con publicidade.

Orzamento: o orzamento autorizado ascende á cantidade de 5.598.415 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución fíxase como máximo en un mes.

Licitadores: poderán presentar ofertas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou extranxeiras, que se atopen comprendidas no artigo 15 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Prazo de presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da sede do Parlamento de Galicia, sito na rúa do Hórreo, nº 63, de Santiago de Compostela, dentro do horario de atención ó público, das 9.30 ás 14 horas, de luns a venres.

Forma: as proposicións presentaranse en dous sobres pechados e asinados. O primeiro conterá a oferta económica no modelo que estime máis oportuno o licitador, sempre que se axuste ás especificacións técnicas e ás características do proxecto a executar. O outro sobre deberá conter fotocopia do DNI, documento acreditativo de ser empresario individual e de ser persoa xurídica, fotocopia do escrito de constitución e de modificación, se é o caso, e o correspondente poder notarial.

De resultar adxudicatario deberá achega-los restantes documentos previstos no artigo 30.2º da Lei de contratos das administracións públicas, agás a garantía provisional da que se dispensa de acordo co previsto no artigo 36 da referida lei.

Fianzas: a fianza definitiva será o 4% do orzamento e constituirase nalgunha das modalidades previstas no artigo 36 da referida lei.

Información: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto técnico correspondente atópanse á disposición dos interesados no rexistro xeral do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

95-04945