Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.821

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 30/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. co enderezo na r/ Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-56, de 944 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta ó C.T. Bouza-Santa Xuliana e remate en Sevil.

-Centro de transformación aéreo, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0220 kV, en Sevil, con saída en baixa tensión en conductor R.Z. de 25 m de lonxitude. Monfero.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4621