Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.821

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52888).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Electra de Zas, con enderezo en Vilardomato, Zas, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica de media tensión, a 10/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-30, de 362 m de lonxitude, con orixe na liña Vilardomato-Carreira e remate en Follente.

-Centro de transformación aéreo de 25 kVA e tensións 10/20/0,380-0,220 kV en Follente e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 598 m de lonxitude. Zas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 11 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-04068