Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.821

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á emrpesa Maderas Betanzos, S.L., en Betanzos (A Coruña), e se lle concede á dita empresa a condición de autoxerador eléctrico. (Expediente número 944/1994).

Maderas Betanzos, S.L., con domicilio para efectos de notificacións na estrada de Castela, s/n, Betanzos (A Coruña), con data do 25 de novembro de 1994 solicitou autorización administrativa para a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica e concesión da condición de autoxerador eléctrico, co fin de acollerse ós beneficios previstos no Real decreto 872/1982, do 5 de marzo, sobre tramitación de expedientes de solicitude de beneficios creados pola Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía, acompañando o preceptivo anteproxecto da instalación e o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá

coa posta en servicio das instalacións proxectadas, de acordo co esixido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Real decreto 907/1982, do 2 de abril, e orde do Ministerio de Industria e Enerxía, do 7 de xullo, do mesmo ano, sobre fomento de autoxeración de enerxía eléctrica e normas para a obtención da condición de autoxerador eléctrico, respectivamente, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

A devandita planta de coxeración situarase nos terreos da factoría, dedicada ó serrado de madeira e fabricación de táboas grandes alistonadas, para encofrado e capintería, propiedade da empresa solicitante, situada no concello de Betanzos (A Coruña).

Resultando que de conformidade co establecido no citado Decreto 2617/1966, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña, dictou Resolución de 12 de decembro de 1994 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación da referida planta de coxeración, que foi publicada no DOG do 24-1-1995 e no BOP da Coruña do 25-1-1995, non presentandose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando que a planta de coxeración da que se solicita autorización administrativa ten as seguintes características técnicas básicas:

-Motor de combustión interna de fuel-oil de 4500 kW de potencia; xerador de 5.400 kVA, factor de potencia 0,9 e tensión de xeración 6 kV; transformador de potencia de 4,5 mVA, relación 6/20 kV e grupo de conexión YN d11.

Resultando que a autorización administrativa da devandita planta de coxeración e mailo outorgamento da condición de autoxerador eléctrico, á entidade mercantil solicitante, están informados de xeito favorable polo facultativo habilitado para o efecto e polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a orde do Ministerio de Industria e Enerxía, do 7 de xullo de 1982, sobre obtención da condición de autoxerador eléctrico.

Considerando que a documentación achegada reúne os requisitos sinalados polo Real decreto 907/1982, do 2 de abril, sobre fomento da autoxeración de enerxía eléctrica, e pola mencionada orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982, en canto

á obtención da condición de autoxerador eléctrico, esta dirección xeral de Industria,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Maderas Betanzos, S.L., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten no concello de Betanzos (A Coruña).

Segundo.-Outorga-la concesión da condición de autoxerador eléctrico, a cal se condiciona á subscrición do convenio a que fai referencia o apartado terceiro do punto 2.3 da sinalada orde do Ministerio de Industria e Enerxía, do 7 de xullo de 1982.

O promotor deberá presentar perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión, de acordo co sinalado na orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 5 de setembro de 1985. Excepcionalmente poderá concederse unha prórroga a este plazo por causa debidamente xustificada.

Queda obrigada a citada empresa a solicitar, no prazo de 6 meses contados a partir da data de publicación desta resolución no DOG, a súa inclusión no Rexistro de Instalacións en réxime especial a que fai referencia o artigo 6 do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables; réxime creado polo capítulo II do título IV da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado a partir do día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-04678