Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 19 de xullo de 1995 Páx. 5.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO sobre aprobación de estudio de detalle.

Aprobado inicialmente polo Concello en Pleno, con data do 24-5-1995, o estudio de detalle, de iniciativa particular, promovido por Presentación Carregal Pumar, referido á unidade de actuación U.A.-3, incluída nas normas subsidiarias en vigor, sométese a información pública polo prazo de 15 días, mediante anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios do concello. A documentación atópase na secretaría do concello para exame e alegacións. Así mesmo, acordouse que, de non se presentaren reclamacións durante o prazo de información pública, o acordo de aprobación inicial quedará automaticamente elevado a definitivo.

O prazo entenderase aberto ata a finalización dos 15 días contados desde o seguinte ó do último anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Melide, 26 de maio de 1995

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde

95-4994