Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 19 de xullo de 1995 Páx. 5.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO sobre aprobación de estudio de detalle e proxecto de urbanización.

Aprobado inicialmente polo Concello en Pleno, con data do 24-5-1995, o estudio de detalle e proxecto de urbanización, de iniciativa particular, promovido por Eladio Jesús Blanco Arias, referidos á unidade de actuación U.A.-2, incluída nas normas subsidiarias en vigor, sométese a información pública polo prazo de 15 días, mediante anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios do concello. A documentación atópase na secretaría do concello para exame e alegacións. Así mesmo, acordouse que, de non se presentaren reclamacións durante o prazo de información pública, o acordo de aprobación inicial quedará automaticamente elevado a definitivo.

O prazo entenderase aberto ata a finalización dos 15 días contados desde o seguinte ó do último anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Melide, 26 de maio de 1995.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde

4004