Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 19 de xullo de 1995 Páx. 5.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación nº 3/1995, poxa de obras con admisión previa.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña resolve convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa:

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan a continuación.

Fianza provisional: exenta.

Exposición de pregos e proxectos: estarán de manifesto nos Servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (edificio administrativo de Monelos-praza de Luis Seoane, s/n, 3º e 6º andar, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE e rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro da delegación provincial e na forma legalmente establecida.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativa particulares.

Apertura de proposicións: ás 12 horas do noveno día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título proxecto: rede de camiños principais na zona de concentración parcelaria de Aña-Ledoira. Frades-A Coruña. C-95093 X-3223.

Orzamento: 127.399.227 ptas.

Prazo de execución: catorce meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

-Título proxecto: rede de camiños principais na zona de concentración parcelaria de San Cristovo de Reis. Teo-A Coruña. C-95097 X-3201.

Orzamento: 133.109.101 ptas.

Prazo de execución: catorce meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

-Título proxecto: rede de camiños de concentración parcelaria na zona de Ribadulla. Vedra-A Coruña. C-95098 X-3230.

Orzamento: 323.386.033 ptas.

Prazo de execución: vintesete meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

A Coruña, 10 de xullo de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

4003