Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 19 de xullo de 1995 Páx. 5.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de repoboación forestal do monte Lombo do Medio.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental o trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de 30 días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto de repoboación forestal do monte Lombo do Medio, situado na parroquia de San Pantaleón, no concello de Ourol, provincia de Lugo.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

-Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, provincia de Lugo.

-Xefatura Provincial de Medio Ambiente Natural da provincia de Lugo.

-Concello de Ourol.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de 30 días.

Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondientes alegacións á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

Carlos del Álamo Jimenez

Director Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

95-5078