Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 19 de xullo de 1995 Páx. 5.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 24 de maio de 1995, a revisión das normas subsidiarias municipais de planeamento de Vilanova de Arousa, redactadas por Arteplán, S.A., expóñense ó público durante o prazo de un mes. Durante este tempo poderá ser examinado por tódalas persoas que se consideren afectadas, para formularen as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición nas zonas abranguidas nos solos aptos para urbanizar delimitados polas N.S.P. municipais de Vilanova de Arousa aprobadas pola C.P.U. o 4-1-1988 de As Rodas-Cruceiro da Barca (SAU-1), Cálago (SAU-2), Mosqueiro (SAU-3) e As Sinas (SAU-4), en Vilanova de Arousa; A Veiga (SAU-5) e O Pombal-Aguiúncho (SAU-6) na Illa de Arousa; nas áreas delimitadas polas citadas N.S.P. correspondentes ó Plan Especial de Protección da Costa e Ordenación das praias de O Terrón e A Pasaxe (PE-1) e o correspondente ó Plan Especial de Protección da Costa e Ordenación do uso das praias do Moqueiro e As Sinas (PE-2); así como o Plan Especial de Protección do Núcleo Histórico de Vilanova (PE-3), ademais daquelas áreas do termo municipal das que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente (N.S.P. aprobadas pola C.P.U. o 4-1-1988).

Ós efectos de cómputo de prazos, entenderáse aberto o período de exposición pública a partir do último dos edictos que se publiquen no BOP ou no DOG.

O que se fai público ó abeiro do disposto no R.D.L. 1/1992, de 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime de solo e ordenación urbana.

Vilanova de Arousa, 27 de xuño de 1995.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273