Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión de data 7 de abril de 1995, adoptou o acordo de aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de vías e praza pública entre as rúas Párroco Mariño e Emigrante, promovido por Promociones José Fajo, S.L.

De conformidade co disposto na Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública por prazo de quince días, contados a partir da inserción deste anuncio no DOG para que poida ser examinado e presentadas as alegacións procedentes.

Gondomar, 20 de maio de 1995.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde

3980