Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 10 de maio de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación C.S. nº 3 (Carril das Hortas-Carril das Flores), do PXOU vixente.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28-4-1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación C.S. nº 3 (Carril das Hortas-Carril das Flores), solicitado por José M. Regueiro Iglesias, na súa calidade de presidente da xunta de compensación da mesma.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública polo prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse reclamacións que se desexen.

Lugo, 10 de maio de 1995.

P.D.

Jesús López Rábade

Conselleiro-delegado

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario

4038