Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación das obras que se citan (Expte. 429 e 434/1995).

Os expedientes foron declarados de tramitación urxente por Resolución do 5 de xullo de 1995.

Expediente nº: 429/1995.

Obxecto: arranxo parcial da cuberta da Facultade de Ciencias Políticas e Graduado Social.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 12.410.298 ptas. IVE incluído.

Garantía provisoria: 248.206 ptas.

Prazo máximo de execución: dous (2) meses.

Clasificación: grupo C, subgrupos 1-4-7, categoría B.

Expediente nº: 434/1995.

Obxecto: remodelación de locais en planta semisoto para aulas. Facultade de Dereito.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 36.263.714 ptas. IVE incluído.

Garantía provisoria: 725.274 ptas.

Prazo máximo de execución: dous meses e medio (2,5) meses.

Clasificación: grupo C, subgrupos 1-2-4-6, categoría C en tódolos subgrupos.

A capacidade de obrar acredítase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica.

A solvencia técnica acreditase por:

-Certificación expedida polo órgano da Administración correspondente, na que se faga constar que a empresa realizou, dentro dos últimos cinco anos, obras de natureza análoga á do concurso, a plena satisfacción.

Cando o licitador executase, durante os cinco últimos anos, algunha obra de natureza análoga para a

Universidade de Santiago de Compostela, o certificado deberá referirse, necesariamente ás ditas obras.

-Títulos académicos e experiencia do empresario e dos cadros da empresa e, en particular, do ou dos responsables das obras.

-Declaración na que se indiquen a maquinaria, material e equipo técnico do que disporá o empresario para a execución das obras.

-Declaración na que se indiquen os efectivos persoais medios anuais da empresa e a importancia dos seus equipos directivos durante os tres últimos anos.

-Declaración na que se indique os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras.

Solvencia económica e financeira.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación destes sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Se por razóns, que se deben xustificar, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidade de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades poderase ter en conta as sociedades pertencentes ó grupo, ós efectos de acreditación da solvencia económica, financeira e técnic ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persoa xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten efectivamente á súa disposición os medios das ditas sociedades necesarios para a execución do contrato.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son:

-O 50% da puntuación darase en función do prezo ofertado.

-O 40% da puntuación darase en función da solvencia técnica.

-O 10% da puntuación darase en fución do prazo de execución ofertado.

O prego de cláusulas administrativas particulares recollerase na Sección de Xestión e Contratacion, edificio administrativo Casa da Balconada, r/ Nova, 6 Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse, nos rexistros xerais da Universidade (Rectorado, Praza do Obradoiro s/n, ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado

no Polígono de Fingoi, s/n Pavillón 4 do Complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro (13) día, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Mesa de Contratación reunirase o terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, r/ Nova, 6 Santiago de Compostela. Se este día coincide en sábado, reunirase ó seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1995.

P.D.(Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

4100