Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios que se citan.

O Instituto Galego de Promoción Económica, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunicar polo sistema de concurso público aberto, os seguintes servicios:

A) Contratación do servicio de conservación e mantemento integral das instalacións dos Centros de Innovación e Servicios CIS-Deseño e CIS-Tecnoloxía, sitos na Península da Cabana, Ferrol (A Coruña).

Orzamento máximo de licitación: 19.423.500 ptas., IVE incluído.

Vixencia do contrato: un ano prorrogable.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 5 e 7.

Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas o primeiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica,

sito en rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

B) Contratación do servicio de seguridade das instalacións dos Centros de Innovación e Servicios CIS-Deseño e CIS-Tecnoloxía, sitos na Península da Cabana (Ferrol).

Orzamento máximo de licitación: 17.679.870 ptas., IVE incluído.

Vixencia do contrato: un ano prorrogable.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 2.

Apertura de proposicións: en acto público ás 11 horas o primeiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas no Instituto Galego de Promoción Económica, sito en rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

C) Contratación do servicio de limpeza das instalacións dos Centros de Innovación e Servicios CIS-Deseño e CIS-Tecnoloxía, sitos na Península da Cabana (Ferrol).

Orzamento máximo de licitación: 22.940.628 ptas., IVE incluído.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 6.

Apertura de proposicións: en acto público ás 12 horas o primeiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas no Instituto Galego de Promoción Económica, sito en rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas estarán de manifesto na sede do Instituto Galego de Promoción Económica, sita en rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela (A Coruña), así como nas súas delegacións de Ferrol e Vigo durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións haberán de presentarse en sobre cerrado no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. O prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sexto día hábil seguinte á publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Documentos que deben aporta-los licitadores: os indicados nos pregos de cláusulas administrativas particulares respectivos.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen cada concurso.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Prazo durante o que o licitador debe manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

Os gastos de publicacións serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

95-5062