Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995 pola que se anuncia concurso público aberto para a adxudicación da concesión do servicio de bar-cafetería nos centros de innovación e servicios de deseño e tecnoloxía (CIS Deseño e CIS Tecnoloxía).

O Instituto Galego de Promoción Económica, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolveu anunciar polo sistema de concurso público aberto, os seguintes servicios:

Obxecto: xestión do servicio público de bar-cafetería nos centros de innovación e servicios CIS-Deseño e CIS-Tecnoloxía, sitos na Península da Cabana, Ferrol (A Coruña).

Modalidade de contratación: concesión con xestión do servicio a risco e ventura do adxudicatario.

Canon de amortización que hai que aboar ó Igape: 200.000 ptas./ano.

Aboamentos ó Igape por consumos: 20.000 ptas./mes.

Vixencia do contrato: dous anos prorrogables.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os documentos complementarios estarán de manifesto na

sede do Instituto Galego de Promoción Económica, sita en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela (A Coruña), ou nas súas delegacións de Ferrol e Vigo durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións haberán de presentarse en sobre cerrado no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. O prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sexto día hábil seguinte á publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Documentos que deben aporta-los licitadores: os indicados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: en acto público ás 13 horas o primeiro día hábil, que non coincida en sábado, no que se cumpran once días naturais contados desde a data seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas no Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de claúsulas administrativas que rexen cada concurso.

Fianza provisional: 15.000 ptas.

Fianza definitiva: 50.000 ptas.

Os gastos de publicación serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Igape

95-4874