Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de la Ganadería Gallega, (Aega).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse o día 5 de xuño de 1995, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Carlos García-Orea Álvarez, co visto e prace do seu presidente, na que se reflecte o acordo acadado na asamblea xeral extraordinaria, celebrada o día 25 de marzo de 1995, consistente nas seguintes modificacións: no capítulo I modifícase o artigo 2.2º referente ó domicilio. No capítulo III, referente ós órganos rectores, suprímense os artigos 26.2º, 26.3º e 26.4º; creándose un novo artigo, o artigo 32.2º. Tamén se modifica, no mesmo capítulo, o artigo 34.1º e engádese un novo apartado 34.1º.1.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4807