Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 21 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Organización Sanitaria, polo que se notifica a autorización de peche do laboratorio de análises clínicas, sito na rúa Perfectino Viéitez, número 23, do Carballiño (Ourense).

Por medio do presente edicto notifícaselle a Ana María Roel Ramos, titular do citado laboratorio de análises clínicas e autorizado pola consellería por Resolución do 27 de novembro de 1990, a resolución do director xeral de Organización Sanitaria, de data 14 de febreiro de 1995, pola que se autoriza o peche do laboratorio de análises clínicas sito na rúa Perfectino Viéitez, nº 23 do Carballiño, Ourense, e a súa baixa no Rexistro de Centros, Servicios e Establecementos Sanitarios da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O que se lle notifica, coa advertencia de que contra a dita resolución pódese interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de un mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela o 21 de maio de 1995.

Enrique Castellón Leal

Director xeral de Organización Sanitaria

4262