Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 22 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias que se cita devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario (expediente 234/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e ó seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publi

cación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: 234/1994

Denunciado: José Rodríguez Rajo.

DNI nº: 76.603.322

Último enderezo coñecido: Lamas de Prado, 202-1-Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 14 de setembro de 1994, no vehículo matrícula LU-4709-B, unha cabeza de gando bovino de 3 meses de vida, carece de guía de orixe e sanidade pecuaria e do certificado de desinfección do vehículo.

Tipificación infracción, Regulamento de epizooitas:

Precepto infrinxido: artigos 64 e 52.

Precepto sancionador: artigos 217.3º

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 3.000 pesetas.

Lugo, 22 de maio de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

4363