Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4308 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.L. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: Seivane, Pedrouzo e Brea, concello de Lugo.

Finalidade: mellora da subministración eléctrica en Seivane, Pedrouzo e Brea.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 1.294 metros, sobre apoios de formigón vibrado e torres metálicas, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al. Centro de transformación de Seivane cunha potencia de 100 kVA 20.000-10.000/380-220 V±5%, sobre torres metálicas ó remate da liña de media tensión, para mellora do servicio nos lugares de Seivane, Pedrouzo e Brea na parroquia de Tirimol, no concello de Lugo.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 5.988.333 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 9 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4525