Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4305 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966,

ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.L. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación en Igrexa, Calvo, Leborín, Castelo, Cernada, Veiga, Ferreira, e Miñotos, no concello de Ourol.

Finalidade: mellora da subministración eléctrica na zona de Miñotos.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, con conductore LA-56 de 54,6 mm de sección, sobre apoios de formigón vibrado ou torre metálica, cunha lonxitude de 607 metros a L.M.T. derivación ó C.T. de Cernada. Dous centros de transformación de 50 kVA cada un, 20.000/380-220 V, e irán conectados en disposición intemperie I-1 o de Cernada e en caseta existente o de Miñotos. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, tensado sobre apoio de formigón ou grampado sobre fachada, cunhas lonxitudes de 550 metros a R.B.T. do C.T. Cernada e 990 metros a R.B.T. do C.T. de Miñotos, para dar servicio ós lugares de Igrexa, Calvo, Leborín, Castelo, Cernada, Veiga, Ferreira e Miñotos, no concello de Ourol.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 9.367.602 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 10 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4524