Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4307 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.L. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: Xesto, Casas do Monte, parroquia de Outeiro, concello de Castro de Rei.

Finalidade: reelectrificación de Xesto, Casas do Monte na parroquia de Outeiro.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV, con conductore LA-56 (54,6 mm de sección), con lonxitudes de 606 metros a de Casas do Monte e 15 metros a de Xesto, sobre apoios de formigón vibrado y torres metálicas RU-6.704A. Proxéctase a instalación de tres centros de transformación de 100 kVA, tipo intemperie. Redes de baixa tensión con lonxitudes de 1.750 metros a de Xesto e 890 m a de Casas do Monte, con conductores R.Z.-95-50, en apoios de formigón vibrado, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Xesto, Casas do Monte na parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 16.071.592 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as recla

macións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 9 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4588