Este tribunal resolveu:
Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aprobados das actividades de transporte interior e internacional de viaxeiros e mercadorías, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios provinciais de Transportes.
Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario nun prazo de un mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1995.
Juan Carlos Villarino Tejada
Presidente do tribunal
95-4288